Oia acollerá en decembro un obradoiro interxeracional de bailes e cancións
A actividade está aberta a persoas adultas e menores a partir dos 6 anos
A actividade está aberta a persoas adultas e menores a partir dos 6 anos
Oia celebrará o Samaín o próximo xoves 31 de outubro, cunha festa e variadas actividades pensadas para os máis pequenos e pequenas
O cine itinerante máis pequeno do mundo, visitará este martes e mércores o noso Concello, máis en concreto, fará unha parada o martes 22 de outubro ás 10.00 h no CEIP Refoxos, e o mércores 23 de outubro, tamén as 10.00 h no CEIP Mestre Manuel García
A Praza Centinela de Oia acollerá este xoves 3 de outubro unha carpa informativa sobre a compostaxe. A actividade enmárcase dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Oia.
No posto informativo, as mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza serán as encargadas de dar información sobre a compostaxe e os seus beneficios. Tamén organizarán xogos e repartirán plantas e outros agasallos entre as persoas asistentes.
Todas as veciñas e veciños que queiran participar na actividade poderán achegarse á carpa este xoves entre as 10.00 e as 13.00 horas.
O Concello de Oia organiza un curso gratuíto de baile galego como actividade extraescolar durante o presente ano académico
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 27 de setembro
A saída forma parte das actividades do proxecto xuvenil #Oiaensepia que comezou o pasado mes de xullo
O prazo de inscrición está aberto e as prazas son limitadas
Ambas localidades aproveitarán para ratificar a irmandade que as une desde hai décadas
As Escolas de Torroña acollerán o próximo domingo o Primeiro Encontro da Terceira Idade