Reactívase a recollida porta a porta de residuos voluminosos

Reactívase a recollida de voluminosos

Recórdase que o Concello presta o servizo de recollida de voluminosos porta a porta, previa comunicación por parte do particular ao Concello, vía telefónica no 986 362 125 ou a través da APP de móbil Liña Verde.

Farase unha recollida extraordinaria o martes 19 de maio, a partir de aí, recóllese o último martes de cada mes.

Se pide a colaboración da cidadanía, e se recorda que está TOTALMENTE PROHIBIDO DEPOSITAR VOLUMINOSOS a carón dos contedores sen seguir o procedemento establecido.

En canto a recollida de residuos domésticos, seguimos coa mesma frecuencia de recollida. Recoméndase aos veciños que extremen as precaucións á hora de botar o lixo aos contedores para evitar posibles contaxios. 

Tamén, é necesario recordar que os guantes de látex ou nitrilo empregados para facer as compras ou outros usos non son envases, e polo tanto non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo).

No caso de que haxa un afectado polo COVID-19, é necesario contactar co Concello de Oia no teléfono 986 362 125, dado que existe un Protocolo a seguir nestes casos.

[ssba-buttons]