Recollida de voluminosos
O Concello recolle voluminosos porta a porta o último martes de cada mes. Se tes voluminosos na túa casa e queres que o Concello pase a recollelos, é preciso avisar no teléfono 986 362 125.
O Concello recolle voluminosos porta a porta o último martes de cada mes. Se tes voluminosos na túa casa e queres que o Concello pase a recollelos, é preciso avisar no teléfono 986 362 125.
Purificación Granja Valverde, de Santa María de Oia, celebrou o seu 102 aniversario rodeada da súa familia. Recibiu a visista da Alcaldesa, Cristina Correa, acompañada da Concelleira Carmen María, que, en nome de tódolos veciñ@s do Concello, lle fixeron entrega dun ramo de flores.
O Concello de Oia invita aos veciños e veciñas a participar nunha xuntanza, para tratar a peatonalización do seu casco histórico
O Concello de Oia repartiu 90 trampas e atraíntes durante o mes de abril, entre apicultores das distintas parroquias, para loitar contra a vespa velutina.
O Concello de Oia, con motivo do día das “Letras Galegas 2018”, organiza o I Certame Literario e de Debuxo Infantil
O Concello de Oia organiza un Obradoiro de teatro para poner en valor o noso Patrimonio e interpretar pezas teatrais na III Edición do Festival Costa dos Castros que se celebra o 6, 7 e 8 de xullo.
O Concello de Oia organiza unha visita a Abegondo, para os veciños e veciñas que queiran coñecer de primeira man o sistema de depuración pioneiro implantado neste Concello, baseado na depuración a través de plantas macrofitas ou acuáticas.
O Concello segue apostando por acción formativas no ámbito do coidado das persoas maiores e dependentes orientadas tanto en beneficio do coidador (sexa profesional ou non) como da persoa receptora destes coidados, xa que entendemos que o benestar do primeiro dependerá sempre do benestar do segundo.
O Concello organiza un curso consistente en varias xornadas, destinadas ao alumnado de ESO e Bacharelato, para aprender técnicas de estudo e mellorar a rendibilidade de aprender a estudar.
Daniel Domínguez, de 30 anos de idade, se proclamou, o pasado 22 de abril, subcampión provincial de tiro ao prato no XXXIII Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza, que se celebrou no campo de tiro Fronteiriñas de Figueiró, Tomiño. Daniel conseguiu romper 85 pratos de 100, frente os 90 que acadou o primeiro posto.