IV Desafío Trail Oia – coa Fibrose Quística

O 25 de marzo, os máis deportistas teñen unha cita en Oia, onde poderán desfrutar dun día de deporte en familia. Durante o desenvolvemento desta proba, a Asociación Fibrose Quística de Galicia, en colaboración co concello, organiza actividades dirixidas aos máis cativos (teatro, xogos, pinta caras…).

Haberá distancias e percorridos diferentes para que tod@ poidamos desfrutar da proba: 42 Km, 21Km, e unha andaina de 10 Km.

[ssba-buttons]