Convocadas as probas de acceso ao título de graduado en ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convocou as probas libres para a obtención do título de graduado en ESO (educación secundaria obrigatoria) para maiores de 18 anos.

O prazo de inscrición será:

  • Do 12 ó 23 de marzo para a convocatoria de maio (exame o 25 de maio).
  • Do 2 ó 9 de xullo para a convocatoria de setembro (exame o 7 de setembro).

Para máis información poden dirixirse a Técnica Local de Emprego do Concello.

 

[ssba-buttons]