#súmateaonosoequipo – A unidade móbil de doazón de sangue visita Oia este xoves

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) visitará o municipio de Oia o próximo xoves 2 de xullo. O autobús deste servizo permanecerá diante da Casa do Concello entre as 16.00 e 21.00 horas

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.

O noso traballo depende da colaboración diaria das distintas institucións, concellos,centros docentes e emmpresas galegas e aínda máis nestas circunstancias.

 As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de doentes.

Para maior seguridade, as persoas que queiran facer unha doazón de sangue deberán pedir cita previa no número de teléfono 900 100 828.

Poderán doar sangue as persoas maiores de 18 anos que pesen máis de 50 kg. En canto á documentación necesaria, cómpre acudir á cita coa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.

A doazón de sangue é un proceso sinxelo que dura tan só 10 minutos e, con el, contribúese a salvar vidas. Cada día, en Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns para atender urxencias, intervencións cirúrxicas e outras asistencias sanitarias.

Cita previa

Protocolos de seguridade

Material informativo sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar

https://ados.sergas.gal/DDoazondesangue/405/PODO%20DOAR-PUEDO%20DONAR%203-18.pdf

https://ados.sergas.gal/DDoazondesangue/406/TRIPTICO PASO A PASO 3-18.pdf

[ssba-buttons]