Oia estudiará a “peatonalización” do seu casco histórico do Arrabal
O Concello de Oia invita aos veciños e veciñas a participar nunha xuntanza, que terá lugar o mércores 23 de maio, ás 21 h., no Centro Cultural de Santa María de Oia, para tratar a peatonalización do seu casco histórico.
A Alcaldesa do Concello, Cristina Correa, explicou que esta é unha demanda veciñal que é necesario atender, xa que esta actuación melloraría a calidade de vida dos veciños que viven alí, e situaría “a alza o valor do noso casco antigo”. Isto suporía unha mellora tamén a nivel turístico, xa que polo casco antigo discorre o Camiño Portugués da Costa, onde ano tras ano, cada vez é maior a afluencia dos peregrinos. En calquera caso, a decisión se tomará de acordo cos residentes de alí”.
A día de hoxe xa existen sinais onde se prohibe o acceso a persoas non residentes, pero non se respecta.
Por outra banda, dende o Concello de Oia, se acaba de poñer en marcha a iniciativa de decorar con flores fiestras, balcóns e as rúas do casco histórico, que conta coa colaboración dos veciños. Dende o Concello, a Alcaldesa, se amosa satisfeita coa receptividade dos mesmos “para poñer fermoso o casco histórico, fiestra do Concello para moitos turistas que nos visitan. O obxectivo é darlle ó casco histórico o valor que merece”.