O domingo en Oia, “Contos do Arrabal”, Visita Guiada Teatralizada

Este domingo, no marco da Terceira Edición do Festival Costa dos Castros, a partir das 20 h. pode asistir a primeira Visita guiada teatralizada do Arrabal.

Contos que contan as xentes do Arrabal, memoria do que acontecía nestas pedras,…, crenzas, costumes, lendas que contaban os avós e as avoas,… unha visita guiada polo Arrabal, polo noso espazo, pola nosa memoria…. Para revivir, reinventar, soñar…. amosar o noso entorno e a nosa vida, feita por nós e para ós nosos :

Os espazos: O río, a fonte de San Cosme, a praza da Centinela, o cárcere de mulleres e o mosteiro.

As historias: A aparición da imaxe da Virxe do Mar, a festa de San Cosme, os xuízos, os habitantes do mosteiro……

É o punto final dun obradoiro de interpretación organizado polo Concello, impartido durante dous meses en Oia, pola compañía A Artística Teatro e Danza. É un encontro entre as asistentes, con patrimonio material e inmaterial do Arrabal, baixo o nome “6X6 Punto de Encontro Costa dos Castros”.

[ssba-buttons]