Unha empresa do Concello recibirá unha axuda de dinamización do medio rural

Unha iniciativa en Oia recibirá unha axuda de Medio Rural da Xunta de Galicia na convocatoria de 2018-2019.

Trátase da empresa Kayak Ocio S.L., empresa dedicada ao aluguer deste tipo de embarcacións. O seu valor engadido radica no feito de que son quen de proporcionar os seus clientes, mediante a contratación on line ou telefónica, os equipos necesarios para a práctica deste deporte no destino que soliciten, evitando que o cliente teña que desprazar unha embarcación dunhas dimensións e peso considerables en vehículos que non están adaptados para esta función ou verse obrigado a adquirir un produto que en moitos casos non vai utilizar máis que en contadas ocasións, sen contar a incomodidade que provoca o seu posterior almacenamento.

Se trata de dinamizar o tecido socio económico desde Concello, mediante iniciativas que dean valor engadido ao produto ou servizo ofrecido.

[ssba-buttons]