Campus deportivo de verán en Oia

O Campus Deportivo de Oia, se celebrará no mes de xullo, no Campo de Fútbol de As Tornas e pista polideportiva do CEIP Mestre Manuel García. Esta edición se celebrará do 16 ao 27 de xullo, en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 h (non inclúe sábados, domingos nin festivos).

É unha oportunidade única para practicar deporte pero tamén para traballar e mellorar valores como o respecto, o compañeirismo e a deportividade.

Vai dirixido a nen@s de idades comprendidas entre 5 a 14 anos e se impartirá por monitores titulados. O prezo é de 60 euros (con desconto de 5€ para o segundo ou terceiro irmá). Inclúe bolsa, equipación (pantalón e camiseta), merenda saudable diaria e algunha sorpresa máis!. Límite prazo de inscrición o 30 de xuño. + info: Club Fútbol Oiense ou Concello 986 36 21 25.

[ssba-buttons]